martes, marzo 23, 2010

Xa á venda as entradas para a presentación de Sen Planeta, o novo disco de Ophiusa, no Salón Teatro

Xa están á venda os billetes para o concerto de Ophiusa no Salón Teatro de Santiago de Compostela, que terá lugar o vindeiro 27 de abril dentro do ciclo 'ST Música Presente', que organiza o AGADIC.
As localidades poden adquirirse desde hoxe mesmo, a un prezo de 5 €, na web de Caixa Galicia.
Ophiusa presentarán na actuación do Salón Teatro, que dará comezo ás 20:30 h, o seu novo traballo discográfico, Sen Planeta, que verá a luz nas próximas semanas. O avance deste novo disco, 'A conexión turca', xa se pode escoitar na sua web no MySpace, ou no seu facebook

No hay comentarios: